Por Aroa Alborés Fernández, de 6º de primaria do CEIP Serra de Vincios

Vai moitos anos naceu unha nena pequena chamada María Luísa. O seu pai era peixeiro e a súa nai redeira. Vivía en Baiona cos seus irmáns maiores Xoán e Pablo. Eles dende ben pequenos axudábanlle ao seu pai a pescar . Os irmáns de Luísa ríanse dela, porque quería axudarlles e dicíanlle que era unha nena e que as nenas non podían facer o traballo dos nenos. Luísa non era unha nena de poucas palabras exactamente e respondíalles que quería axudar ao seu pai e pescar coma eles, pero Xoán e Pablo pasaban de ela.

Uns anos despois, axudando a súa nai a arranxar as redes viron a Antonia Lago. Luísa pregúntalle á súa nai quen é esa muller, e ela responde que é a única muller mariñeira de Europa. A nena di que quere ser coma ela e pescar, e a súa nai dille que se se quere ser mariñeira, ela a ía apoiala elixira o oficio que elixira. Luísa vai correndo a xunto Xoán e Pedro toda contenta, a dicirlles que súa nai a vai apoiar para ser mariñeira. Eles moi sorprendidos, por unha vez na súa vida danlle a noraboa e felicítana. O seu pai que estaba a carón dela dille que el tamén a vai apoiar.

Uns meses despois a súa nai cae enferma de cancro de pulmón pero non teñen diñeiro para pagar o tratamento. Luísa comeza a estudar o que fan os mariñeiros no mar e comeza a traballar como mariñeira. Despois de catro meses consegue reunir todo o diñeiro necesario e conseguen salvar a súa nai.

Luísa segue traballando e coñece a varias mulleres que queren ser mariñeiras coma ela. Ao cavo dun tempo fanse amigas, conseguen ser mariñeiras e deciden ir buscando mulleres que queiran ser mariñeiras e non lles deixen ou si pero non se atrevan. Ao final, a maioría conseguen ser mariñeiras,

Luísa ten unha idea, pensa que poden construír unha empresa, mercar uns barcos pesqueiros e todos os equipos para pescar, construír fábricas para examinar o peixe e limpalo, tendas pequenas para vender o produto e ao paso do tempo venderlle o peixe a restaurantes e mercados.

Están de acordo, así que deciden comezar a traballar, pero antes teñen que decidir un nome para a empresa. Deciden chamala MULLERES NO MAR. Cada mariñeira aporta unha gran cantidade de diñeiro e conseguen comprar unha gran fábrica e algunhas tendas. Ó enterarse, o pai de Luísa decide doar os seus barcos pesqueiros, e súa nai fai unhas redes. Dálle as grazas e regálanlle o pouco diñeiro que sobra. Despois repártense as tarefas e nomean a Luísa xefa da fábrica. Seis meses despois grazas aos da prensa, que deciden entrevistalas, fanse máis populares e comezan a vender máis produtos. Como as súas tendas se quedaban pequenas, deciden reformalas.

Comezaron a vender máis e os donos dos restaurantes, peixarías, bares e mercados comprábanlle moito produto. É peixe de moi boa calidade!

Este mercado foi crecendo ata hoxe en día, que segue vendendo peixes e mariscos. Esta empresa foi dirixida polas súas fillas Cristina e Branca, a súa neta María e o seu bisneto Pedro… Agora nestes momentos está de xefa, Alexandra, tataraneta de Luísa

Share This