Por Leila Colombino Nievas, de 1º da ESO do IES Soutomaior

Eu penso que as Bravas son: VALENTES, LOITADORAS e PACIENTES. Teñen bastantes esixencias.

Unha delas é que son mulleres que mariscan de madrugada, que é algo que nos costa a todos, pero o fan para alimentar as súas familias. Están pendentes da lúa, do calendario e mirando ao mar, esperando á hora exacta para iniciar a súa carreira coa marea. Enfúndanse as roupas de auga e pasan a xornada no frío mar, ata a cintura rebuscando na area. É unha loita ante todas as adversidades por ter un traballo.

O ceo e o mar son testemuñas do seu DURO traballo.

Tamén é estrito cando te chaman a calquera hora do día, iso NON é fácil, xa que pode que esteas facendo calquera cousa coa túa familia e teñen que ir traballar. Tamén pode que chova ou trone, pero elas saen ao mar igual. Nunca quedan en porto. Son morenas, louras, rubias, brazos fortes e son mulleres de pel dura. Son as raíñas das mareas.

Son valentes, xa que o mar non é algo que nos guste a todos. Hoxe en día a pesca para algúns non é algo importante, e dicir, está esquecido. A dureza desta actividade non sempre é recoñecida. Algunhas persoas non ven o esforzo que fan.

Iso a verdade é que nos pode desanimar, pero elas sempre están ben, teñen bo humor sempre. É verdade que poden ter días complicados, pero anímanse unhas ás outras. Son compañeiras e moitas son amigas da infancia. Cada día é diferente, ningún día é igual. Cada unha ten a súa maneira de pensar.

Chegar a ser Brava do Mar ás veces é por decisión propia, tamén por necesidade, ou por tradicións familiares. A algunhas a crise brindoulles unha gran oportunidade… O MAR. Tanto a súa nai, coma a súa avoa, o seu pai e o se marido tamén se dedican e se dedicaron ao mar.

Onte a maioría eran homes os que traballaban neste sector. Hoxe en día é MOI diferente. Traballar en grupo é algo bo e tamén algo imprescindible, ademais apréndense moitas cousas. Tamén gozan do seu traballo, e iso é algo moi valioso.

A loita das artesáns do mar. Elas forman parte da paisaxe e da tradición pesqueira galega. Temos auténtico marisco das rías galegas capturado polas mariscadoras a pé. Grazas a elas desfrutamos na nosa mesa de ameixas, berberechos… entre outras especies.

Share This