Por Carlota de 5º A de primaria do CEIP Campolongo

Para min, unha muller brava é unha persoa que loita para conseguir a igualdade entre homes e mulleres, é dicir, igualdade de xénero. As mulleres bravas son mulleres que conseguiron alcanzar os seus soños nun mundo de homes. Un exemplo de muller brava na miña familia é a miña avoa María, que nacendo nunha familia do rural moi numerosa e sen recursos tivo a valentía de querer estudar e acadar unha carreira universitaria, a pesar dos impedimentos de vivir nunha aldea na que as mulleres eran educadas para traballar na casa e no campo.

Farta da obriga de levar a súa melena extremadamente longa, un día apareceu con ela cortada como acostumaban a levala os homes daquela.

Sempre conta que a primeira vez que exerceu de madriña, sendo unha moza e tendo que levar un vestido para exercer como tal, negouse rotundamente, sendo a primeira muller da aldea en levar uns pantalóns.

Tamén conta que cando casou, había un só coche na casa e aínda traballando os dous, sempre o levaba el. Un día marchou a mercar un coche para non depender do marido aínda cando para mercalo facía falta a firma do home.

Share This