Por Ánxela Rosales González de 5º C de primaria do CEIP Campolongo

Chámome Ánxela e son capitana dun barco pesqueiro no que vou pasar tres semanas pescando bacallau.

Cando era pequena soñaba con traballar no mar. Meus pais sempre me dicían que escollera unha profesión máis fácil pero eu sempre fun moi teimuda. A min non me asustaban as ondas de 10 metros nun as quenllas, nin durmir só tres horas. Co paso do tempo fun estudando para ser capitá.

O máis importante nun barco é o traballo en equipo e confiar uns nos outros, sen todo iso non poderíamos encher as bodegas de peixe fresco.

Polo momento somos poucas as mulleres que tempos postos de mando pero sei que cada vez haberá máis e todas Bravas do Mar!!

Share This