Por Inés Rodríguez Purriños de 5º B de primaria do CEIP Campolongo
Para min unha “Brava” é unha muller forte, independente, lista, boa persoa e por suposto que defende os dereitos da humanidade. Unha muller que non teña que facer as cousas que lle manda o seu home, que nadie a lidere. Que non falte o respecto e trate a todo o mundo por igual, que non lle importe as discapacidades que poda ter unha persoa, e se ten algunha, axudala ata que consiga saír adiante. Que se poña unhas metas non moi arriscadas para conseguir o que se propoña.
Unha “Brava” ten que se unha muller que ao mínimo problema non se rinda de alcanzar o que ela quere. Unha “Brava” ten que ser unha muller que axude ao medio ambiente e á natureza.
Poño de exemplo de “Brava” a unha muller que axuda ao planeta cada día, a miña nai. Ela é maestra e ten moitos alumnos, perocúpase por cada un deles, de todos os problemas que teñan. Ela está na casa corrixindo, facendo exámenes, contestando dudas aos seus alumnos, e por calque problema que teña a súa filla ela corre ao seu rescate sexa o que sexa, problemas cos estudis, discusións cos amigos, malestar… Temén se son problemas na casa, se o grifo perde auga, se se queima a comida, facer as camas, recoller. Todas as cousas que dicimos os nenos que non fan as nais, fannas, e incluso máis cousas. Ela está sola na casa, só conmigo, e cando eu non podo ela ten que facer todos os traballos do fogar. Tamén axuda a xente que necesita axuda, e ao medio ambiente, a miña nai é unha gran “Brava”