Por Tala Froiz Martínez 5ºC de primaria do CEIP Campolongo

Na familia escaseaba o diñeiro, e, moitas veces saían a mariscar, miña bisavoa coa idade de 10 anos.

Preto dos anos 60 o marisco comezou a comercializarse e miña bisavoa con 35 anos (ano para arriba ano para abaixo), empezou a traballar coma mariscadora profesional, ao tempo que coidaba dos seus fillos e, coma non, da vaca.

Despois de estar algúns anos nese traballo construíron a fábrica de Celulosas ao lado, enriba de onde ela mariscaba, polo que tivo que deixar o traballo que, como moita outra xente, xa facía dende rapaza.

E así, se decatarse converteuse nunha brava do mar.

Share This