Por Laura Pichel García 5ºB de primaria do CEIP Campolongo

Para min unha muller brava é alguén que loita pola igualdade, que consigue todo o que se propoña…

É unha muller que pode con calquera actividade e con calquer traballo.

Imaxina unha muller que é a capitá dun barco. Que está rodeada de homes, porque algunhas persoas pensasn que algúns traballos só están feitos para homes e non para mulleres, é unha muller brava a que pode facer ese traballo, chegar ata a meta do que quere conseguir.

Porque esas mulleres queren demostrar que as mulleres poden facer as mesmas cousas, traballos…

Que toddo o mundo é igual!

Eu coñezo a unha muller brava, é a tía do meu primo. É obreira, está sempre rodeada de homes pero a ela lle da igual, pensa que todos podemos ser iguais. Día a día se pode poñer unha cousa nova e cando pasa o día o consigue. Dí que nada é imposible se loitas polo que queres e o defendes como ela coa igualdade. E ao final de todo di que vai haber igualdade entre homes e mulleres. E lle gusta traballar aínda que sexa a única muller no seu traballo.

As mulleres poden con todo!!!!

Share This