Por Greta Fernández Araújo 5ºC de primaria do CEIP Campolongo

Chámome Greta e son capitá dun barco de pesca, todos os días teño que levanterme moi cedo para ir a traballar. O meu barco non é moi grande pero ner traballan uns cantos pescadores e pescadoras.

Aínda que chova, faga calor ou tormenta hai que saír a pescar, e ás veces volvemos a casa coas mans valeiras, se hai sorte e pescamos ó chegar a terra véndese o peixe na lonxa.

Ao principio a xente chamáballe moito a atención que fose capitá de barcos porque normalmente os capitáns de barco son homes, pero cada vez hai máis mulleres que fan o meu traballo.

Gústame saír ao mar pero tamén teño unha gran responsabilidade porque ás veces o mar é moi perigoso e de min depende que cheguemos todos sans e salvos a terra, con pesca ou sen ela.

Síntome moi triste cando as redes suben ao barco cheas de lixo e plásticos, e enfadome moito coa xente que non coida o mar.

Aparte do meu traballo no barco, cando chego a casa teño que facer as tarefas do fogar e hai días que estou moi cansa pero aínda así son moi feliz porque gústame moito o meu traballo e síntome unha brava do mar.

Share This