Por Andrés García 5ºB de primaria do CEIP Campolongo

Para min unha muller “Brava” é a que desafía á sociedade “machista” para pasar por enriba dos homes que pensan que son mellores ca ela. Para min unha muller “brava” é a que defende a igualdade, que se defende a ela misma e tamén as súas compañeiras para crear un mundo mellor. Para min unha muller “brava” é a que non cede, que non loita só pola súa causa, se non que loita polas causas de todos, que o único que quere é a IGUALDADE entre persoas, a igualdade entre razas, entre xéneros, entre relixións, a IGUALDADE MUNDIAL. Para min, unha muller “brava” é a que pode chegar a onde ela queira, que pode ser o que ela queira: escritora, obreira, bióloga ou inventarse unha profesión!.

Eu, na miña vida, coñecín a moitas mulleres “bravas” dende familiares, a simples coñecidas, ata algunha veces vin mulleres pola rúa e pensando para min: esa muller é unha muller “brava”.

Porque as verdadeiras “grandes” mulleres non son as que levan “capa e antifaz”, non, as verdadeiras “grandes” mulleres son as que loitan pola igualdade de todo, porque esta causa non é só das “bravas”, se non que é miña e tamén túa, así que levantate de onde esteas sentada e vai loitar pola nosa IGUALDADE!

Share This