Por Antía 5ºA de primaria do CEIP Campolongo

Para min unha brava é unha persoa que xa leva tempo loitando polos seus dereitos e polos das demais mulleres e nenas, é unha persoa que o único que busca é a igualdade de xénero e a seguridade común. As bravas, son mulleres que intentan repartir as tarefas, demostrar que as cousas non son para un xénero en especial, que busca que as demais persoas se unan a elas e non se rindan, que buscan tamén que todo o mundo dese conta de que os traballos valen para todos, que a forza e igual… Buscan un mundo no que todo sexa xusto e non haxa máis violencia de xénero. Estas persoas loitan moito polos seus dereitos e polos dereitos dos demáis, que impiden a violencia, apoianse unhas a outras e pensan seguir loitando durante toda a súa vida, e apoiando aos demáis a facelo. Non só son as mulleres as que apoia, agora xa hai homes que o fan tamén, que non están nada de acordo coas violencias e que loitan polos mesmos dereitos. antes todos os homes estaban obrigados a facer os traballos duros e a ser machistas, pero agora as civilizacións cambiaron, e agora cada persoa e responsable das súas decisións, e ninguén está forzado a ser nin machista nin hembrista…Agora o mundo e mellor que antes, pero aínda hai mulleres que sofren, e eso hai que cambialo.

Na miña opinión as mulleres bravas o estaán a facer moi ben, e espero que non se rindan.

Loita polos teus dereitos e se unha brava!!

Share This