CONCURSO

OPROMAR convídate a participar nun concurso de relato.

Se queres participar só tes que enviar un relato de entre unha e dúas páxinas escritas en ordenador coas seguintes características:

  • Letra Arial.
  • Tamaño de letra 12.
  • Interliñado 1,5.
  • Marxes de folla normais.

A historia ten que tratar sobre unha Brava do Mar. Pode ser unha personaxe inventada ou real que ti coñezas.

Cando remates de escribir, tes que enviar a bravasdomar@opromar.com o seguiente:

  1. O teu relato en formato Word.
  2. Pantallazo da puntuación obtida no XOGO de Bravas do Mar.
  3. AUTORIZACIÓN cuberta e firmada polos teus pais (escaneada ou fotografada).

Tes de prazo ata o 25 de novembro. Anímate e participa!

PREMIOS

Todas e todos os que participedes en #EuSonBrava recibiredes un libro impreso de Bravas do mar que vos será enviado ó voso centro.

As 10 mellores obras recibirán un dobre agasallo:

1. Unha camiseta de Bravas do Mar.

2. O relato publicarase ilustrado no Blog de Bravas do Mar e poderedes ser escritoras e escritores de fama compartíndoo en redes sociais!!!!