A Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín continúa a labor que iniciou en 2018 coa presentación dun informe sobre a muller na pesca.
Non se trata tanto de feminizar a pesca, que tamén, se non de cambiar a imaxe que desta actividade “masculina” se ten. Non é cuestión de favorecer ás profesionais deste mundo, que se defenden perfectamente, senon de velas e admiralas. Non é a razón cambiar a linguaxe, senon que ésta reflicta a realidade. E, sobre todo, non é a motivación contemplar o pasado ou o presente, senon potenciar o futuro. Un futuro no que as palabras pescadora, armadora, patroa ou investigadora sexan de uso común. A pesca sempre foi tamén feminina. É hora de que os nenos e nenas o saiban, nos melloren e convirtan a verdade privada en verdade pública. E por iso nace, da man de Opromar, “Bravas do Mar”.
En 2018, esta mesma organización celebrou en Marín “Faenando cara a igualdade”, unha xornada dedicada a poñer en valor o papel da muller no sector pesqueiro, que incluíu a presentación dun informe da Universidade de Vigo sobre a realidade das profesionais cunhas conclusións negativas en canto a aspectos como visibilización, equiparación salarial ou igualdade de oportunidades. Xa nese momento, os dirixentes da institución marinense anunciaron que esta labor tería continuidade.
Dous anos despois, a Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín presenta “Bravas do Mar”, un documental e un libro que recollen as testemuñas de once mulleres das catro provincias galegas, que aportan a súa experiencia nun mundo considerado erróneamente de homes pero no que a muller sempre tivo un papel fundamental. Patroas de pesca, xestoras de empresas, investigadoras, armadoras, redeiras, políticas e encargadas de lonxa ofrecen o seu punto de vista sobre o sector e relatan en primeira persoa a súa traxectoria nunha actividade na que o home sempre desfrutou dun recoñecemento que á muller se lle negou.

Bravas por mérito propios
O nome de “Bravas” xurdiu polo doble significado que ten esta palabra: por un lado, fortaleza e valentía; por outro, excelencia. Para Opromar, as “Bravas do Mar” reúnen todas esas características “e é responsabilidade de todos e todas dalas a coñecer ó público”.
Hey! Seen you are in SEO! I have a partner, Michael, he is an SEO guru! 16 years’ experience in enterprise-level SEO having worked for brands such as Sony, AIG and the NFL. Do you want to get up to 700 power blend backlinks in unique, relevant articles? If yes, go here https://is.gd/kg5Oez
I like this blog very much, Its a real nice office to
read and receive information.Leadership