#EUSONBrava
Muller do mar, ti tes a pel cuberta de escamas, polas túas veas corre salitre e os teus ollos sempre reflicten o vaivén de barcos de pesca. Ese anhelo do son do océano nos teus oídos levoute a formar parte deste mundo complexo.
Nun sector de homes onde a muller sempre tivo un papel esencial pero invisibilizado, conseguiches chegar a postos que ninguén cría que eran para ti e facerte escoitar naqueles outros que xa ocupabas pero onde ninguén te valoraba.
Es brava. Brava do Mar. E esa bravura foi a que che permitiu sobresaír e mostrarte ante o mundo orgullosa de quen es e do que fas.
Grazas por non renderte. Grazas por ser valente. Grazas por pelexar. Grazas por ser Brava.
Aquí tes as nosas Bravas do Mar
Para comezar a lectura, podes descargar o libro, lelo directamente na nosa web, ou ir viaxando polas nosas personaxes pulsando sobre as súa imaxes, que están a continuación.
ARANTXA TORIZA
Patroa de Altura
BERTA PAZ
Redeira e armadora
ENCARNA SOAGE
Armadora de OPROMAR
JUANA PARADA
Xerente de ORPAGU
LIDIA GONZÁLEZ
Capitana de pesca
MARÍA REIRIZ
Armadora de OPROMAR e asesora de barcos estranxeiros
MERCEDES GONZÁLEZ
Fundadora de Rosa de los Vientos
NÉLIDA PÉREZ
Investigadora xubilada
PILAR IGLESIAS
Armadora e Secretaria de OPROMAR
ROSA QUINTANA
Conselleira do Mar da Xunta de Galicia
YOLANDA POUSADA
Encargada de lonxa de OPROMAR