UN PROXECTO de OPROMAR

Esta é unha viaxe para alumnado de 6º de primaria e 1º da ESO dos centros que recibiron información e decidiron participar na proposta de OPROMAR.

Se es nena ou neno doutro centro ou doutros cursos, ou se es unha persoa adulta, podes viaxar tamén. Pero non poderás realizar a ENQUISA nin participar no CONCURSO.

Se es docente e queres que o teu centro participe, podes poñerte en contacto con OPROMAR a través do correo bravasdomar@opromar.com.

Ven e acompáñanos nesta viaxe! 

OPROMAR quere convidarte a coñecer o mundo do mar e a pesca a través dunha viaxe inesquecible onde mulleres incribles che contarán o apaixonante deste mundo.

¿Que é OPROMAR? Pois é unha organización formada por empresas armadoras que posúen barcos de pesca que capturan  peixes en todos os océanos para que despois ti os poidas disfrutar no teu prato.

A pesca é unha actividade moi importante en Galiza. De feito a súa orixe remóntase á prehistoria, onde simplemente se pescaba na franxa costeira para consumo propio. Agora existe detrás da pesca unha industria moi importante, dende as empresas armadoras que capturan o peixe ata as empresas transformadoras que o elaboran, pasando polas empresas distribuidoras que compran e venden o produto.

Tamén forman parte do sector da pesca organismos de investigación, de asesoramento e de toma de decisión política en cada país con interese nos recursos mariños.

Pero agora queremos saber qué coñeces ti deste sector:

Agora sumérxete na historia!

Unha vez que puxeches o teu primeiro gran de area nesta viaxe contestando á enquisa, OPROMAR quere convidarte a coñecer “Bravas do Mar”, a historia de mulleres da pesca que agardamos que che encanten e que te inspiren no teu futuro.

Ser Brava é xenial, pero ser Brava do Mar é extraordinario. Porque Brava significa excelencia e fortaleza, todo xunto. #EUSONBrava e ti?

Continúa viaxando e coñece ás nosas personaxes!

Gustaríache un cara a cara?

Se queres coñecer ás nosas Bravas un pouco máis, escóitaas falar da súa profesión e da súa vida nas entrevistas que OPROMAR lles fixo para esta ocasión tan especial.

Non dubides que son mulleres coas ideas claras, que adoran o seu labor e para as cales traballar en equipo é a clave.

Para elas, aprender dos erros é fundamental e saben que para ter éxito na vida é necesario correr riscos.

Pulsa e visita a zona multimedia!

Entrevistas ás Bravas do Mar

Xoga e aprende con nós

Por último, OPROMAR quere propoñerche dous retos:

O primeiro é que xogues. É moi doado, fai click no botón do XOGO e responde ás preguntas que se propoñen sobre as nosas Bravas do Mar. Cando remates non te esquezas de facer unha captura de pantalla da puntuación acadada para enviarnos. 

O segundo é que crees. Imaxina que es unha Brava ou que coñeces a unha Brava e escríbenos sobre ela. Cando teñas o teu relato listo só tes que envialo a OPROMAR para optar a un premio que agardamos que che guste. Pulsa a continuación e sigue as instruccións para concursar!. 

BRAVAS DO MAR: MULLERES NA PESCA. FAENANDO CARA Á IGUALDADE

Esta é unha pugna por visibilizalas, por darlles o lugar que merecen, o lugar que lles pertence por loitadoras, por valentes, por BRAVAS.

As Mulleres na Pesca foron históricamente ignoradas e en moitos casos menosprezadas. Este é o seu momento, o momento das Bravas do Mar, e por iso este libro e esta iniciativa teñen tanta importancia. Porque agora toca Faenar cara á Igualdade.

#EUSONBrava son historias de mulleres reais, en diferentes ámbitos relacionados co sector pesqueiro. Un sector masculinizado ó longo do tempo, e que aquí se vai escribir en feminino. Porque se busca que o futuro supoña un cambio, e que as que veñan detrás non teñan dúbida algunha da súa valía e que poidan ser o que desexen.

A Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín, OPROMAR, desenvolve este traballo dentro do seu Plan de Produción e Comercialización 2020, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMP.

Libro de #EuSonBrava

BLOG

Aquí atoparás todas as novas de interese sobre o proxecto. Sé a primeira en enterarte!

“Bravas”

“Bravas”

Por Andrés García 5ºB de primaria do CEIP Campolongo Para min unha muller "Brava" é a que desafía á sociedade "machista" para pasar por enriba dos homes que pensan que son mellores ca ela. Para min unha muller "brava" é a que defende a igualdade, que se defende a ela...

Que é para min unha Brava?

Que é para min unha Brava?

Por Martín de 5º A de primaria do CEIP Campolongo Para min, unha muller brava é unha muller que se ve especialmente afectadas por todo o machismo que está a xerarse, e toda a desigualdade que hai entre o home e a muller. Por exemplo, neste libro, o cal dende o meu...

Bravas

Bravas

Por Laura Pichel García 5ºB de primaria do CEIP Campolongo Para min unha muller brava é alguén que loita pola igualdade, que consigue todo o que se propoña... É unha muller que pode con calquera actividade e con calquer traballo. Imaxina unha muller que é a capitá dun...