A Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín continúa a labor que iniciou en 2018 coa presentación dun informe sobre a muller na pesca.

Non se trata tanto de feminizar a pesca, que tamén, se non de cambiar a imaxe que desta actividade “masculina” se ten. Non é cuestión de favorecer ás profesionais deste mundo, que se defenden perfectamente, senon de velas e admiralas. Non é a razón cambiar a linguaxe, senon que ésta reflicta a realidade. E, sobre todo, non é a motivación contemplar o pasado ou o presente, senon potenciar o futuro. Un futuro no que as palabras pescadora, armadora, patroa ou investigadora sexan de uso común. A pesca sempre foi tamén feminina. É hora de que os nenos e nenas o saiban, nos melloren e convirtan a verdade privada en verdade pública. E por iso nace, da man de Opromar, “Bravas do Mar”.

En 2018, esta mesma organización celebrou en Marín “Faenando cara a igualdade”, unha xornada dedicada a poñer en valor o papel da muller no sector pesqueiro, que incluíu a presentación dun informe da Universidade de Vigo sobre a realidade das profesionais cunhas conclusións negativas en canto a aspectos como visibilización, equiparación salarial ou igualdade de oportunidades. Xa nese momento, os dirixentes da institución marinense anunciaron que esta labor tería continuidade.

Dous anos despois, a Organización de Productores de Pesca del Puerto y Ría de Marín presenta “Bravas do Mar”, un documental e un libro que recollen as testemuñas de once mulleres das catro provincias galegas, que aportan a súa experiencia nun mundo considerado erróneamente de homes pero no que a muller sempre tivo un papel fundamental. Patroas de pesca, xestoras de empresas, investigadoras, armadoras, redeiras, políticas e encargadas de lonxa ofrecen o seu punto de vista sobre o sector e relatan en primeira persoa a súa traxectoria nunha actividade na que o home sempre desfrutou dun recoñecemento que á muller se lle negou.

Bravas por mérito propios

O nome de “Bravas” xurdiu polo doble significado que ten esta palabra: por un lado, fortaleza e valentía; por outro, excelencia. Para Opromar, as “Bravas do Mar” reúnen todas esas características “e é responsabilidade de todos e todas dalas a coñecer ó público”.

 

Share This