Por Breixo Casqueiro Carballal de 6º primaria do CEIP O Sequelo

Maruxa era unha nena que vivía na vila de Marín e sempre soñara con ir a lonxa e vender peixe na praza porque lle gustaba moito, eran tempos difíciles e había que “buscarse a vida”.

Os anos pasaron e a miña tía avoa Maruxa medrou e foi a lonxa coa súa nai; compraban o peixe na subasta e despois ían polas aldeas a vendelo. Levaba as cestas do peixe na cabeza e ían a pé, camiñando quilómetros por camiños malos, sen asfaltar.

Como a xente non tiña cartos pagaban co que tiñan: patacas, millo,leite…  facían un troco. Anos despois conseguíu un posto na praza de Abastos de Pontevedra. Compraba o peixe na subasta da lonxa para vendelo a mañán seguinte no posto da praza e así día tras día ata que se xubilou.

No posto da praza vendía: pescada,rodaballo,cigalas,camaróns,mexillóns… Tiña clientela fixa e vendíalle moito aos restaurantes.

Cos anos a miña tía avoa deulle o posto da praza ao meu curmán mentras ela seguía indo as subastas.  Mercáballe o peixe e sempre era bo artículo o que vendía.

Dende que se xubilo non volveu a ir  a praza nin as subastas e tampouco a lonxa, pero contábanos moitas  historias daquela época e a nos gustábanos escoitalas.

Para min, Maruxa foi unha gran loitadora, unha verdadeira brava do mar!!!

Share This