Por Raúl Cao Martínez de 6º primaria do CEIP O Sequelo

Para min as bravas do mar son valentes e fortes, sobre todo miña nai!
Miña nai chámase Uxía e estivo moito tempo relacionada co mar, dende as dezaoito anos. Empezou nunha fábrica desconxelando o peixe. Sempre lle gustou traballar, pero coñeceu a o meu pai e tivo que retirarse.

Despois de ter dous fillos e crialos ata que o pequeno tivo once anos, volveu ao traballo, esta vez na lonxa. O traballo era duro había que madrugar, pasar frío, estar mollada…a miña nai contoume unha anécdota daquela época que as botas que levaba fixéronlle callos nos pés e aínda hoxe os ten. Teñen pinta de doer!

Un día pediume que fora ir con ela e aceptei de bo grao. Puiden comprobar como era o seu traballo, arrastrar caixas, organizalas… sempre correndo.Nada máis chegar enchinme a rir, o armador era tan baixiño que a súa furgoneta parecía que se conducía sola. O traballo era duro, pero os compañeiros eran bos, e se algo che gusta…

Mamá agora xa deixou de traballar fora de casa, ocúpase do fogar e de nos.

Para min, a miña nai e unha heroína, para min é unha brava do mar!!

Share This