Por Zoe Martínez Riobó de 6º primaria do CEIP O Sequelo

A miña avoa Obdulia,naceu nun lugar chamado Cantodarea.

Dende pequena axudaba a súa nai na lonxa,e pouco a pouco foille gustado máis, ata que cando tivo 16 anos empezou a traballar na lonxa de Vigo.”Pelexaba” polos peixes nas poxas e cando o conseguía revendíao…

Ela tiña un bo traballo, gustáballe moito! Alí tiña moitas amigas,e mentres esperaban o peixe,sentábanse en algunhas caixas,e falaban, contaban contos, rían…ata que chegaba o peixe, entón poñíanse a traballar.

Anque tivera que madrugar moito, pasar frío, aínda que ía moi abrigada,a ela dáballe igual! Esforzábase para gañar cartos, tiña que manter a súa familia e procurar que non lles faltara de nada. Estaba moi ocupada, pero aínda así dáballe tempo a todo,ata para facer calceta!

Na lonxa coñeceu a un mariñeiro e casou con el.tivo tres fillos e nunca deixou de traballar,ata que se xubilou,a os 69 anos,fai moi pouquiño.

Agora cóntame algunhas anécdotas,como cando chegaba a casa pola mañá,cansa e chea de frío,e os seus fillos lle dicían:

-Cheiras maal!

– Este é o cheiro dos cartos ! Respondíalles ela.

Share This