Por Carlota Díaz Blanco de 6º primaria do CEIP O Sequelo

María dende moi pequena quería ser capitana dos sonos  e cando cumpriu 18 anos fíxose capitana de barcos. Tódolos barcos que traballou como capitana, en todos, unha persoa lle pedía un soño que quería cumprir, María dáballe consellos para cumprir o seu soño…e funcionaba. Un día ían a un mar moi lonxe traballar e moitos pedían o soño de coñecer persoas especiais para eles. Tamén algúns lle pedían que a súa familia non se preocupara por eles, pois ían a estar ben (daquela inda non todo o mundo tiña teléfono). María cumpría todos aqueles desexos.

María quería un nome diferente, un nome de capitana, de capitana se sonos e barcos. Prendéuselle a bombilla e ocorréuselle o nome de “A Brava”. Despois de iso mais xente lle pedía soños ou desexos que queira cumprir, especialmente cando estaban no mar lonxe das súas familias.

María  “A Brava”  tiña moitos soños como capitana de barcos que quería cumprir, o que mais lle interesaba era o de construír os seus propios barcos. Estaba no mar e alí non podía facer nada, pero cando chegou a terra chamou a uns amigos para que a axudaran, e entre todos construíron 3 barcos de case 300m de largo.  

Cando a prensa se decatou daqueles poderes, María “A Brava” colleu mais e mais fama, e un día apareceron para facerlle unha entrevista nun dos barcos da súa frota. Como non o esperaba, levou unha gran sorpresa. Preguntaranlle cousas normais como que cales eran algún dos soños que mais lle pediran. A verdade é que María se puxo moi contenta e as súas amigas logo de esa gran entrevista fixéronlle unha festa.

Nesa festa María “A Brava” prometeu cumprir o desexo de tódalas mulleres mariñeiras da vila:  “que cobraran o mesmo que os homes traballando na pesca”, porque a realidade e que moitas mulleres mariñeiras seguían cobrando menos que o traballo que realizaban.

Share This