Por Pablo Torres Villanueva de 6º primaria do CEIP O Sequelo

Fai moito tempo nunha aldea chamada Mogor, naceu unha nena chamada Carme. A esta nena gustáballe moito o mar, e un día díxolle a súa nai: “Algún día vou a ser unha grande mariscadora”.

Carme foi medrando e cada vez que pasaba pola pasarela de Marín vía a homes e mulleres collendo: berberechos,ameixas, etc. Aos 17 anos xa iva collendo o xeito de mariscar, porque a súa nai que tamén era mariscadora, levábaa con ela os días que non tiña clase para ensinarlle a técnica.  No colexio dicíalle a súas amigas que mariscar era moi divertido. A elas non lle parecía iso, había que madrugar e estar metida na auga, as veces con moito frío, por esa razón ríanse dela, pero a Carme non lle importaba.

Carmen acompañou a súa nai e despois ao rematar a ESO díxolle que xa non quería ir máis a escola e acompañou a súa nai sempre que esta ía. Fíxo cursiños e formouse no tema do marisqueo.

Aos 33 anos Carme cumpríu o seu sono, ser a mellor mariscadora do seu pobo. Ela estaba moi contenta porque tamén podía vender na praza de Marín e gañar un soldo para contribuir a economía familiar.

Carmen di que as mariscadoras son as labregas do mar, que o mar hai que coidalo para que de froitos !!!

Share This