Por Clara Lamas Seijo de 6º primaria do CEIP O Sequelo

As redeiras son un exemplo de lealdade e esforzo, o esforzo que conleva facer as redes. En Galicia hai mais de 150 redeiras que levan esforzándose máis de 40 anos , dándoo todo polo seu oficio para ensinar a toda as persoas que as mulleres son iguais que os homes.

María Lamas García, unha das redeiras de Marín, leva toda a súa vida traballando de redeira coas súas tres irmás. Voulles contar un pouco da súa vida.

A ela comenzoulle a atraer este oficio cando era moi pequena. Ía todos os luns e xoves o porto a ver aos redeiros traballar. Pasábao moi ben e, como seu pai era mariñeiro e tiña un barquiño pequeno, ían pescar a Combarro, detrás da illa de Tambo. Cando as súas irmás cumpliron os 18 anos, comenzaron a traballar como aprendizas de redeiras e ela, como era pequena, ía co pai a pescar mentras as súas irmás facían as redes.

Cando cumpríu os 19 anos comenzou a traballar legalmente coas súas irmás. As súa labor era facer as redes. Cosían diferentes tipos de redes.

Casou aos 24 anos con Adolfo Domínguez Martínez que emigrara a Galicia dende Extremadura cando era un neno , e que aprendera o oficio de mariñeiro. Tiveron 2 fillos que tamén son mariñeiros.

María está moi orgullosa do seu traballo e anima a todas as xóvenes e no tan xóvenes a traballar disto porque é un traballo moi bonito e estase a  estinguir.

Share This